Vostede está aquí

Novas relacionadas con PescadeRías

Publicado o luns, Marzo 6, 2017 - 10:06
Algas certificadas pescadeRías

O  diario Faro de Vigo publica unha reportaxe sobre o aumento da produción de algas en Galicia. A Confraría de Pescadores San José de Cangas e a Confraría da Illa de Arousa comercializan en primeira venda algas certificadas co selo pescadeRías ¿de onde se non? e no ano 2016 acadaron un volume 435 Tm de algas certificadas. Ademais, a empresa Portomuiños está certificada para transformación e pon á venda algas en fresco, deshidratadas e en conserva. Cando compres algas, busca o noso distintivo!

Publicado o martes, Febreiro 28, 2017 - 10:03
Fórum Gastronómico

O Fórum Gastronómico está ás portas: celebrarase do 12 ao 14 de marzo en A Coruña. Poderedes visitar os stands de empresas certificadas por pescadeRías como PortomuiñosMariscos del Ortegal, S.L.Currimar Conservas TradicionalesPulponor S. Coop.

Publicado o luns, Febreiro 27, 2017 - 09:55
Novo sorteo no Facebook

Sorteamos tres lotes compostos por bolsa da compra, mandil, camiseta, manopla de cociña, libreta de notas e bolígrafo. ¡Animádevos a mercar e cociñar os produtos certificados da pesca artesanal galega!

Publicado o venres, Febreiro 17, 2017 - 16:56
O Almacén do Peixe - Burela

Visitamos as instalación do Almacén do Peixe, un establecemento ubicado en Burela que comercializa peixes e mariscos da pesca artesanal. Entre a súa oferta destacamos o polbo certificado procedente da flota artesanal de Burela e as conservas certificadas de “Los Peperetes”.

Páxinas