Vostede está aquí

Novas relacionadas con PescadeRías

Publicado o martes, Abril 9, 2013 - 19:10
Depuradora Noia

Noia, 18 de febreiro de 2013. A Confraría de Pescadores "San Bartolomé" de Noia amplía a súa actividade e o compromiso coa marca de calidade pescadeRías obtendo a certificación para as instalacións da súa depuradora. Dende hoxe a Depuradora da Confraría de Noia poderá comercializar produto etiquetado como pescadeRías.

Publicado o luns, Abril 8, 2013 - 01:19
Salón de Gourmets 2013

O Salón de Gourmets, un dos maiores eventos europeos dedicados en exclusiva aos produtos delicatessen, converteuse de novo nun dos escaparates máis importantes para estes produtos.

Publicado o mércores, Febreiro 27, 2013 - 12:36
Selo pescadeRías

Fisterra, 18 de novembro de 2012. Na xornada de hoxe tivo lugar o arranque do proxecto piloto para o etiquetado individual  de peixes baixo o amparo da marca pescadeRías que contou coa presenza do Secretario Xeral do Mar, Juan Maneiro.

Este proxecto conta coa colaboración das lonxas de Baiona, Bueu, Cangas, Fisterra e Portonovo, xa que serán as propias confrarías as encargadas de seleccionar as pezas que levarán o distintivo.

Publicado o luns, Novembro 12, 2012 - 11:47
Proxecto piloto de etiquetado individual de peixes

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2012. Nas vindeiras semanas, pescadeRías poñerá en marcha un proxecto piloto para promover o etiquetado individual de peixes co logo da marca. O proxecto desenvolverase inicialmente en cinco lonxas: Baiona, Bueu, Cangas, Fisterra e Portonovo, e distribuiranse 10.000 etiquetas en cada lonxa. O sistema de etiquetado consistirá nun navete curto que incorporará unha etiqueta rectangular, onde se incluirá o logo da marca, o nome da lonxa e unha numeración de control.

Páxinas