Vostede está aquí

Novas relacionadas con PescadeRías

Publicado o mércores, Febreiro 27, 2013 - 12:36
Selo pescadeRías

Fisterra, 18 de novembro de 2012. Na xornada de hoxe tivo lugar o arranque do proxecto piloto para o etiquetado individual  de peixes baixo o amparo da marca pescadeRías que contou coa presenza do Secretario Xeral do Mar, Juan Maneiro.

Este proxecto conta coa colaboración das lonxas de Baiona, Bueu, Cangas, Fisterra e Portonovo, xa que serán as propias confrarías as encargadas de seleccionar as pezas que levarán o distintivo.

Publicado o luns, Novembro 12, 2012 - 11:47
Proxecto piloto de etiquetado individual de peixes

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2012. Nas vindeiras semanas, pescadeRías poñerá en marcha un proxecto piloto para promover o etiquetado individual de peixes co logo da marca. O proxecto desenvolverase inicialmente en cinco lonxas: Baiona, Bueu, Cangas, Fisterra e Portonovo, e distribuiranse 10.000 etiquetas en cada lonxa. O sistema de etiquetado consistirá nun navete curto que incorporará unha etiqueta rectangular, onde se incluirá o logo da marca, o nome da lonxa e unha numeración de control.

Publicado o mércores, Novembro 7, 2012 - 11:46
A LONXA DE PORTONOVO amplía o alcance da Certificación

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2012. A Lonxa de Portonovo incrementou recentemente o alcance da certificación de produtos pescadeRías, estendendo actualmente a: bivalvos, cefalópodos, equinodermos e peixes. Ademais, a Lonxa de Portonovo ten previsto participar proximamente nun proxecto de etiquetaxe individual de peixes, coa marca pescadeRías.

Publicado o mércores, Novembro 7, 2012 - 11:45
A LONXA DE CAMBADOS amplía o seu alcance de Certificación

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2012. A Lonxa de Cambados ven de incrementar o alcance da certificación de produtos amparados pola marca, podendo certificar actualmente: bivalvos, cefalópodos, crustáceos e peixes. Deste xeito, a recente apertura da campaña da centola permitirá etiquetar este excelente produto con pescadeRías.

Páxinas