Vostede está aquí

Novas relacionadas con PescadeRías

Publicado o luns, Outubro 29, 2012 - 21:58
Lonxa de Cangas

Cangas, Outubro 2012. A lonxa de Cangas vén de superar os procesos de certificación na marca de calidade pescadeRías. Esta lonxa, pola calidade dos produtos que comercializa, supón un importante pulo para a marca. Xa está habilitada para bivalvos, equinodermos, cefalópodos, crustáceos e peixes, polo que a partir de agora poderemos atopar navallas, percebes ou linguados capturados por mariñeiros desta confraría baixo o logo da marca de calidade.

 

Publicado o luns, Xullo 2, 2012 - 15:39
A Xunta certificou máis de 2.000 toneladas de peixe e marisco

A Consellería do Medio Rural e do Mar certificou máis de 2.000 toneladas de peixe e marisco co selo pescadeRías só no primeiro semestre de 2012, o que supón un incremento de máis do 40% con respecto ao mesmo período do ano pasado. Díxoo a conselleira, Rosa Quintana, na clausura da xornada sobre esta marca de calidade de pesca artesanal, que se celebrou hoxe en Santiago.

Publicado o xoves, Xuño 21, 2012 - 15:37
Rosa Quintana considera un avance para Galicia na PCP os últimos acordos acadados sobre comercialización e trasformación

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe que os acordos parciais sobre comercialización e transformación acadados a semana pasada no Consello de Ministros de Pesca "se adecúan aos intereses de Galicia" e abre a porta a incluír melloras na futura Política Común de Pesca. Así o asegurou na inauguración da XIII edición do congreso de produtos do mar da Asociación de Fabricantes e Distribuidores, AECOC, que tivo lugar esta tarde en Vigo e que reúne ás principais empresas pesqueiras de España.

Publicado o martes, Xuño 12, 2012 - 15:36
A Consellería do Medio Rural e do Mar fomenta a calidade dos produtos galegos do mar e do agro na feira Salimat 2012

A Consellería do Medio Rural e do Mar fomenta a calidade dos produtos galegos do mar e do agro no 16º Salón de Alimentación do Atlántico –Salimat, que se celebrará en Silleda do 14 ao 17 de xuño, no marco da Feira Internacional Semana Verde de Galicia. A Xunta participa neste evento co fin de impulsar a comercialización e o consumo dos produtos pesqueiros e agroalimentarios.

Páxinas