Vostede está aquí

Novas relacionadas con PescadeRías

Publicado o luns, Xuño 4, 2018 - 12:26
Boletín de noticias de xuño

Consulta as últimas novidades no noso boletín de xuño. Entre o 7 e o 10 estaremos en Silleda no Salón da Alimentación do Atlántico SALIMAT-ABANCA, consulta o programa de catas. Podes ver un vídeo do noso paso polo Salón de Gourmets de Madrid. Todo isto e moito máis premendo aquí

Publicado o mércores, Maio 30, 2018 - 12:21
Superamos os 9.000 fans en facebook

Este mes estamos de celebración. Xa son máis de 9.000 as persoas seguidoras do noso facebook. Celebrámolo sorteando un lote de conservas certificadas polo selopescadeRías, ¿de onde se non?. Parabéns ao afortunado gañador. Agora imos a polos 10.000!!

Publicado o xoves, Maio 24, 2018 - 12:40
Veda do polbo en Galicia

O día 18 de maio ás 16:00 horas comezou a veda do polbo en Galicia que durará ata o vindeiro 2 de xullo. Durante este período poderemos seguir desfrutando do polbo galego conxelado ou en conserva. Premendo aquí podes acceder á listaxe de empresas de transformación certificadas polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

Publicado o luns, Maio 7, 2018 - 16:50
Boletín de noticias de maio

Xa podes consultar o noso boletín de maio. Esta semana estaremos en Madrid na 32 Edición do Salón de Gourmets, continuamos coas visitas do alumnado de hostalaría ás vilas mariñeiras, contámosvolo nun vídeo. Todo isto e moito máis premendo aquí.

Páxinas