Vostede está aquí

Novas relacionadas con PescadeRías

Publicado o xoves, Novembro 18, 2010 - 14:31

O subdirector do Servizo de Gardacostas, Lino Sexto, defendeu hoxe no Parlamento a necesidade da reforma do Código Penal para converter o furtivismo reincidente nun delicto e amosouse convencido de que "é a mellor maneira de reducir a actividade ilegal no litoral galego". Sexto sostivo que "é incongruente avanzar na defensa da normativa do eido ambiental se nos deixamos atrás as penas por quebrantala" e lamentou o rexeitamento do ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, a esta postura "xa que o furtivismo tira por terra o traballo legal e responsable de moitos profesionais do mar".

Publicado o mércores, Novembro 17, 2010 - 14:30

A Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, organizará o IV Encontro de mariscadores de recursos específicos con técnicas de mergullo: navalla e ourizo o vindeiro venres 18 de novembro. Neste encontro, que terá lugar en Santiago de Compostela, participarán 60 mergulladores adicados á explotación de navalla e de ourizo pertencentes a 35 organizacións de toda Galicia.

Publicado o venres, Novembro 12, 2010 - 14:27
Saborea Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, a conselleira de Mar, Rosa Quintana, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, presentaron hoxe no histórico mercado de San Miguel en Madrid a campaña de promoción gastronómica Saborea Galicia. Ata o 21 de novembro, o evento reúne medio millar de referencias gastronómicas de calidade entre denominacións de orixe galegas, indicacións xeográficas protexidas e produtos ecolóxicos.

Publicado o venres, Outubro 8, 2010 - 13:24
A Xunta destina 112.000 euros

A Consellería do Mar promocionará a marca pescadeRías e maila Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia en restaurantes de tres, catro e cinco garfos a través dun convenio de colaboración coa Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia (CEHOSGA) por un importe de 112.000 euros.

Páxinas