Preto de 500 supermercados venderán produto coa marca PescadeRías
28/11/2011
A Consellería do Mar promocionará a marca pescadeRías nos supermercados pertencentes aos grupos Gadisa, Vegalsa e Froiz.
A conselleira, Rosa Quintana, presentou hoxe esta campaña. Comezará o 1 de decembro, nos supermercados de Galicia.
O obxectivo da campaña é promover o peixe e o marisco galego. A Xunta tamén quere promover un comercio responsable
O selo pescadeRías é unha marca de calidade creada e rexistrada pola Xunta.
A Consellería distribuirá folletos con receitas de produtos do mar, carteis co lema Sabes en quen podes confiar e pinchos de xeo, para indicar o prezo dos produtos.
Está previsto que a propia conselleira visite algún establecemento para coñecer de primeira man a evolución da campaña.
A conselleira explicou que estas accións "son necesarias para dar aos produtos da pesca e o marisqueo de Galicia o posicionamento que se merecen". Tamén dixo que estas campañas axudan a incrementar as ventas do produto.