Os produtos certificados, protagonistas da cea anual do Club Exxpopress

Cea do Club Exxpopress 2016

Onte celebrouse a cea anual do Club Exxpopress, colectivo de xornalistas de prensa, radio e televisión, que ten por obxectivo a organización de actividades de promoción e dinamización turística, cultural e empresarial de Galicia.

O convidado de honra da cea foi o xornalista Paco Lobatón. E alí estiveron os produtos so selo pescadeRías, de onde se non?, protagonistas dos pratos que degustaron os asistentes á cea.