Obradoiro Fresco, Fresquísimo!, na Festa do Polbo de Bueu

Festa do Polbo de Bueu 2016

A Festa do Polbo de Bueu celebraráse do 12 ao 15 de agosto. Para quentar motores, o xoves 11 terá lugar un obradoiro de determinación do grado de frescura dos produtos da pesca artesanal, impartido por pescadeRías, de onde se non? en colaboración coa Confraría de Bueu e o Concello de Bueu.

A actividade comezará ás 16:30 na lonxa, onde identificaremos os produtos expostos e asistiremos á poxa. A continuación, na planta superior da praza de abastos, coñeceremos os mellores trucos para determinar o grado de frescura de peixes e mariscos.

A participación é gratuita previa inscrición na Oficina de Turismo de Bueu.

Tel. 986 32 44 57. Correo-e: turismo@concellodebueu.org

Prazas limitadas.

Descarga aquí o cartel da actividade.