Mercado do Mar en A Coruña

Festival Mar de Mares

Os días 24 e 25 de setembro estaremos no Mercado do Mar que se organiza en A Coruña, no marco do Festival Mar de Mares. O sábado 24, ás 19:00 h, impartirase o obradoiro Tesouros con cuncha, dirixido a un público familiar, que aprenderá a identificar os distintos tipos de moluscos. Ademais, gozarán dunha demostración de cociña en directo da man de Beatriz Sotelo, do Restaurante A Estación de Cambre, que cociñará moluscos de Mariscos del Ortegal e polbo de Pulponor, empresas certificadas por pescadeRías, ¿de onde se non?, e nos dará os seus consellos para poder preparalos na casa.