Vostede está aquí

A lonxa de Cambados aposta polo ameixón

Publicado o xoves, 12 Abril 2018 12:21
A lonxa de Cambados aposta polo ameixón

Na lonxa de Cambados comercializáronse no que vai de ano máis de 3.300 quilos de ameixón, Callista chione. Este bivalvo, que pode acadar os 10 cm de lonxitude, non se consume habitualmente en Galicia pero é moi apreciado noutras partes da península. Ata agora comercializábase case exclusivamente na lonxa de Muros pero está comezando a ser extraído na Ría de Arousa. Podes ver o artigo de La Voz de Galicia “Arousa redescubre o ameixón” premendo aquí.

Compartir en redes sociais