Vostede está aquí

HQ Seaweed, novo axente certificado

Publicado o mércores, 28 Febreiro 2018 13:05
HQ Seaweed, novo axente certificado

Damos a benvida á empresa HQ Seaweed, que acadou este mes a certificación polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? para a comercialización de algas e equinodermos. Esta entidade, con sede en San Adrián de Cobres (Vilaboa-Pontevedra), dedícase á distribución a nivel mundial de algas comestibles deshidratadas, en salgadura, conxeladas e frescas colleitadas nas Rías Baixas.

Compartir en redes sociais