Éxito da vieira pescadeRías na campaña de Nadal

Éxito da vieira pescadeRías na campaña de Nadal

A empresa Porto de Cambados, da que é partícipe a Confraría de pescadores da mesma localidade, comercializa a única vieira certificada pescadeRías. Este produto, que non leva ningún tipo de conservante, é eviscerado nas instalacións de Mariscos Veiro, unha das dúas autorizadas para iso, e que conta coa certificación pescadeRías.

A vieira que non se comercializa en fresco é ultraconxelada, polo que está dispoñible para o consumo durante todo o ano.

Algunhas publicacións especializadas en temas gastronómicos, como "La alacena Roja" fixeron mención a este produto.