Vostede está aquí

Estivemos en CONXEMAR

Publicado o venres, 06 Outubro 2017 12:44
Estivemos en CONXEMAR

Os produtos pescadeRías, ¿de onde se non? estiveron presentes na Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados (CONXEMAR), que tivo lugar entre o 3 e o 5 deste mes no IFEVI de Vigo. As empresas certificadas polo noso selo Mariscos Daporta SL, Frigoríficos de Camariñas, Frigoríficos Rosa de los Vientos e Yatecomeré, contaron con stand propio. Por outra banda, Pulponor S. Coop. Galega, que comercializa polbo procedente das lonxas de Lira, Muros, Corcubión e Fisterra baixo a marca Pulpo de Lonja, presentou o seu polbo certificado no stand da Consellería do Mar-Xunta de Galicia nesta feira.

Compartir en redes sociais