Degustación de produtos pescadeRías

Degustación

Santiago, 18/01/2014.

Liga de Asociacións de Xornalistas do Camiño de Santiago entregou o I Premio Internacional Aymeric Picaudde xornalismo divulgativo do camiño de Santiago á escritora e xornalista italiana Carmen Pugliese. No acto de entrega ofreceuse unha degustación de produtos galegos, na que cabe destacar a presenza de produtos certificados pescadeRías como polbo de Frigoríficos de Camariñas, vieiras de Porto de Cambados ou paté de percebe e caviar de ourizo de Mar de Silleiro. O acto tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos. A Liga encadra ás oito asociacións da prensa do Camiño Francés, é dicir Aragón, Navarra, La Rioja, Burgos, Palencia, León, Lugo e Santiago de Compostela, e agrupan uns 1500 xornalistas.