Vostede está aquí

Comeza a campaña marisqueira en Noia

Publicado o luns, 18 Setembro 2017 12:42
Comeza a campaña marisqueira en Noia

Hoxe arrancou a campaña marisqueira en Noia con moi boas expectativas. Esta localidade conta cos maiores bancos de produción de Galicia de berberecho, de gran importancia económica para a comarca. Este bivalvo, cada vez máis recoñecido, está certificado polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?. Así mesmo, comeza a extracción de ameixa tanto a pé como a flote, tamén amparada polo distintivo de calidade. 

Compartir en redes sociais