Aquí hai tomate cherry!!

Aquí hai tomate cherry!!

Este mes de novembro, estivemos a colaborar co evento gastronómico “Aquí hai tomate”, que está a ter lugar no CC Área Central de Santiago.

O xoves 16 impartimos unha charla xunto coa IXP Castaña de Galicia a escolares dos colexios San Jorge e Inmaculada La Salle de Santiago de Compostela.

O sábado 18, formamos parte do xurado que valorou as preparacións a base de pescada pescadeRías, ¿de onde se non? e Castaña de Galicia presentadas por estudantes do Colexio San Jorge e do CEIP de As Fontiñas.

Ambas actividades formaban parte do Concurso Gastronómico Infantil “Aquí hai tomate cherry” comandado polo chef Alberto Lareo coa axuda de estudantes da Escola Superior de Hostalería de Galicia.