Actividade formativa pescaenverde

Actividade formativa pescaenverde

A pasada semana participamos nun curso de formación xunto a técnicos de lonxas certificadas no marco do proceso de integración do selo pescadeRías, ¿de onde se non? coa ecoetiqueta pescaenverde desenvolvida pola Universidade de Santiago de Compostela.

pescaenverde é unha etiqueta que permite calcular a Pegada de Carbono e a Tasa de Retorno Enerxética adaptada a cada tipo de frota e modalidade de pesca.