Abre a veda do marisco rei!

Centolos

O centolo galego chega hoxe ás lonxas. ¿Sabes distinguilo do centolo foráneo? Fíxate ben no caparazón: o galego é máis rugoso e picudo, de cor máis escura e cuberto de peluxe, e ten as uñas afiadas; soe vir cuberto de algas. O centolo de fóra, de cor máis clara, ten as espiñas do caparazón menos afiadas, como se lle tiveran pasado unha lixa; as súas patas son máis cortas e teñen as uñas redondeadas. Pregunta no teu punto de venda habitual, e mira a etiqueta.