Vostede está aquí

Prago marinado con ensalada de fiúncho

A chef do Gastrobar O Birrán de Ribadavia Emma Pinnal comparte con nós esta receita de prago. O prago é un peixe exquisito da familia do ollomol, a dourada ou o sargo, aínda que menos coñecido. Anímate a pedilo na túa peixería de confianza e sorprende aos teus invitados con esta orixinal preparación.