Vostede está aquí

Navallas gratinadas con xamón e queixo San Simón da Costa

Rocío Garrido Caramés, editora do gastroblog La Cocina de mi Abuelo, comparte con nós esta receita sinxela e rápida cun dos nosos mariscos máis emblemáticos. Unha saborosa preparación que podemos servir como entrante.

Salpicón de navallas con emulsión de pementos de Herbón

Estupenda maridaxe mar-terra, con dous dos productos máis emblemáticos da nosa gastronomía, nunha orixinal elaboración. Receita do Restaurante Carmen, de Sanxenxo, que nos traslada o Grupo de Acción Local de Pesca Ria de Pontevedra.

Navallas con aceite de limón

Introducción

Aquí traemos outro prato moi doado de preparar e delicioso ao padal: as navallas ao aceite de limón. A navalla pescadeRías, igual que o longueirón, é un molusco bivalvo que medra baixo a area das nosas praias e que podemos degustar en calquera época do ano.

Navallas mariñadas ao té con cítricos

Elaboración

Abrimos as navallas pescadeRías ao vapor, descascar  e reservar.

Á infusión de té, engadimoslle o zume de laranxa e limón e nesta mesma  mestura, poñemos as navallas pescadeRías a mariñar durante 3 horas.

Facemos  unha vinagreta co aceite de oliva, a salsa de soia e o vinagre de mazá e probamos para comprobar que os sabores estean equilibrados.