Vostede está aquí

Abadexo á galega

Elaboración

Pelamos todos os allos e fileteamos 3, reservando os outros 2 restantes. Nun cazo, botamos un chorriño de aceite e engadimos os allos fileteados, fritindo a lume baixo ata que estean dourados. Retiramos e reservamos sobre papel de cociña absorbente. Coa tixola fóra do lume e aínda quente, botamos no aceite sobrante os allos enteiros e o pimentón. Co calor residual da tixola, o pimentón soltará aroma e cor sen risco de queimarse. Deixamos repousar a allada o tempo suficiente para que o pimentón decante.