Hotel Balneario Lobios Caldaria

Hotel Balneario Lobios Caldaria

No restaurante á carta de tres tenedores Via Nova, os nosos clientes poden degustar desde comida exótica (crocodilo, avestruz, cebra e canguro), a comida tradicional galega a base de peixes de tempada e carne de tenreira galega. A especialidade da casa é o crocodilo en salsa de liche e higos e os medallones de canguro ao café de Paris. En canto á cociña moderna galega destacan pratos como o rodaballo ao forno con tomates chirris confitados, os rolos de lagostinos envolvidos en grelos sobre espuma de queixo de teto e pastel de centola envolta en lagostinos sobre folla de espinacas e salsa rosa. En sobremesas a especialidade son os cogomelos. Dispomos tamén de pratos dietéticos como ensalada tropical con infusión de aceite de cacahuete e vinagre de mazá ou ratatoille meridional con filete de rodaballo á prancha. Tamén se elaboran pratos vegetarianos a gusto do cliente.

Datos de contacto