Hotel Balneario Arnoia Caldaria

Hotel Balneario Arnoia Caldaria

Os menús que ofrecemos para deleitar a calquera tipo de padal, son froito dun coidadoso estudo da demanda dos nosos clientes ao longo dos anos. Ofrecemos no noso Restaurante á Carta cociña galega e internacional, elaborada con produtos da mellor calidade, tratando sempre de responder as necesidades de todo tipo de comensais. Como apuntamento, mencionar a recente distinción do noso xefe de cociña na calidade de Euro-Toque. Cabe destacar o noso xa recoñecido xeado de pementos, hortaliza que merece especial atención na zona, e protagonista dunha das festas gastronómicas máis coñecidas de Galicia. Igualmente hai que mencionar a selecta adega de viños na que se pode escoller unha ampla variedade de caldos para regar os mencionados manxares.

Datos de contacto