Parador de Ferrol

Parador de Ferrol

No centro desta atractiva e mariñeira cidade, álzase o Hotel que recrea na súa imaxe a esencia dunha mansión galega con galerías acristaladas e unha peculiar contorna marítima. A decoración mostra en estancias e espazos comúns elementos náuticos, mapamundis e instrumentos de navegación. A escaleira principal conta cun antigo farol de barco e os motivos mariñeiros abundan nos salóns do Hotel.

As habitacións son espazosas e locen tons ocres e escuros; algunhas, con miradoiros e balcóns, ven favorecidas por magníficas vistas sobre o porto. O restaurante ofrece unha ampla e variada mostra da exquisita cociña galega. Os seus pratos máis representativos son o polbo á mugardesa, o rape á coruñesa e a sopa ferrolá. A torta típica de Ferrol abre con xustiza o capítulo de sobremesas.

Datos de contacto