Mar de Silleiro, S.L.

Mar de Silleiro, S.L.

O plan de explotación baixo o que traballamos 27 percebeir@s destaca en Galicia polo noso elevado compromiso coa sustentabilidade: mantemos un importante equipo de garda pescas que vixían a costa para evitar o furtivismo, limitamos a cantidade de percebe que arrincamos das rocas diariamente mediante topes de captura, rotamos as zonas onde traballamos, para darlle máis de dous meses de repouso antes de traballar nelas de novo, procuramos solucións á inestabilidade na comercialización e buscamos ampliar o mercado onde poder ofertar o percebe.

Facer conservas a partir de percebe é unha actuación máis a sumarse nesta traxectoria de compromiso coa sustentabilidade, pois nos permite traballar en zonas abandonadas, moi batidas, onde o mar só deixa achegarse en ocasións. Deste xeito, diversificamos e damos descanso ás zonas máis traballadas, sen perder días de traballo, deixamos maior tempo de descanso para a súa recuperación.

Ademais, a elaboración de produtos non perecedoiros a base de percebe, permítenos poder estabilizar os prezos, e ofertar este manxar con toda a súa calidade, en calquera momento do ano. Transformamos o percebe mantendo o seu sabor pero ampliando as ocasións nas que é posible degustalo e abrindo un abanico de infinitas posibilidades de preparación.

Datos de contacto