Mariscos Cordal, S.L.

Mariscos Cordal SL é unha empresa de carácter familiar, foi fundada en Novembro de 1987 polos irmáns Constantino e Antonio Cordal Trigo.

Inicialmente a actividade de Mariscos Cordal SL orientouse á distribución e venta a maioristas e depuradores, evolucionando esta iniciativa empresarial ata o que é agora a actividade principal da empresa: a venta ó por maior de mariscos e peixes, para isto contamos con unha moderna estación depuradora de moluscos, situada na Ría de Arousa (O Facho, Castrelo – Cambados); instalacións recentemente renovadas e adaptadas á normativa sanitaria e que contan coa mais moderna tecnoloxía para a depuración, conservación e envasado dos nosos productos.

Datos de contacto