A Centoleira

A Centoleira

A actual taberna Centoleira coñecida ata 1981 como La Vizcaína, aséntase sobre un antigo “encascador e atador de redes” encima da mesma Praia de Beluso, fronte ao porto. Foi comprado polos bisavós do actual propietario e director, Xulio Estévez-Laiseca, 4ª xeración de promotores dun negocio en constante evolución: atador de redes, salgadura, ultramarinos e abarrotes, casa de comidas, refuxio de pescadores, morada de veraneantes pioneiros, hostal, marisquería. Actualmente céntrase na restauración de produto do mar, coas lonxas próximas como despensa deste buque insignia de Galicia, con catering de “cestas de marisco” a domicilio.

Soleira e mar seguen sendo as principais divisas valoradas por turistas, empresarios, e banquetes familiares.

Datos de contacto