Hotel O Semáforo de Fisterra

Hotel O Semáforo de Fisterra

O restaurante do Semáforo ofrece unha ampla oferta gastronómica centrada nos produtos de Galicia.

En tempada alta teñen unha carta con pratos para compartir, racións típicas coidando a presentación e a orixinalidade das súas preparacións.

En tempada baixa, a súa cociña céntrase nunha cociña de mercado, de tempada, recuperando antigos pratos da zona, guisos tradicionais e unha exquisita variedade de pratos baseados no produto local e da zona: longueirón, lumbrigante, berberecho, ameixa, mexillón e un longo etcétera de exquisiteces.

Datos de contacto