Restaurante Casa Rei

Restaurante Casa Rei

Situado fronte á praia de Arealonga, en Redondela, atópase o restaurante Casa Rei, baixo a batuta de Carlos Grobas. Os seus menús semanais combinan os peixes e mariscos de tempada, en coidadas preparacións que poñen de manifesto a bondade dos produtos: tostas de polbo, vichyssoise de berberechos, tortilla de percebes con ourizos e algas ou un bo peixe á grella son algunhas das súas elaboracións.

A súa terraza ao pé da praia de Arealonga é outro dos seus puntos fortes.

Datos de contacto