Restaurante Mesón de Alberto

Restaurante Mesón de Alberto

Situado no casco histórico de Lugo dende 1975, e coidando ao máximo a procedencia dos seus produtos, ofrecen unha exquisita gastronomía mesturando tradición galega e innovación. Ofrece elaboracións de tapería e restaurante, con distintas opcións de menús.

A excepcional calidade dos peixes e mariscos que traballan brilla con luz propia nos pratos elaborados polo seu cociñeiro, Koki García.

Datos de contacto