Restaurante Vila Rosa

Restaurante Vila Rosa

Na parroquia de Cedeira, en Redondela, o Restaurante Vila Rosa ofrece unha coidada cociña baseada nos peixes e mariscos das rías galegas. A súa robaliza rechea, o timbal de arroz con peixe sapo e mariscos e os seus arroces merecen unha mención especial.

Dispón de tres salóns independentes e dunha marabillosa terraza situada no xardín, que poderiamos describir como “Un balcón á Ría de Vigo”, polas súas espectaculares vistas.

Datos de contacto