Restaurante Carmen

Restaurante Carmen

O Restaurante Carmen, con máis de 30 anos de traxectoria, abandeira unha cociña baseada en produtos locais de primeira calidade, cun enfoque tradicional aderezado con algúns pratos e presentacións máis vangardistas.

Situado no porto deportivo de Sanxenxo, dispón dun amplo comedor para 50 comensais e unha terraza cuberta con vistas ao mar.

Son posuidores dos distintivos "Q de Calidade 2013" e "Compromiso de Calidade Turística 2013", e foron galardoados en diferentes edicións co "Tenedor de Oro de Cocina Tradicional" a nivel galego, así como con distintos premios no concurso de tapas rexional.

Datos de contacto