Mesón Miro

Mesón Miro

O Restaurante Miro, situado nun lugar privilexiado de Portonovo, ten unhas excelentes vistas do porto pesqueiro e deportivo, e da Ría de Pontevedra.

Os incondicionais deste restaurante destacan o marisco de primeira calidade que utilizan nos seus pratos, sobre todo o seu “Arroz con Lumbrigante”, que elaboran con mestría. Pero tamén teñen os seus peixes sempre frescos e de primeira calidade, destacando as súas caldeiradas de peixe, e que dicir da carne, sempre no seu punto. E como esquecer as súas fantásticas sobremesas que fan as delicias dos padais máis exquisitos...

Datos de contacto