Vieiras gratinadas

FacebookTwitter
Vieiras gratinadas
INGREDIENTES
  • 8 vieiras pescadeRías
  • 50 gr. de xamón
  • 250ml de Albariño
  • 3 cebolas
  • 1 chisco de perexil
  • 1 cullerada pequena de pemento doce
  • pan rallado
  • aceite de oliva e sal

Introducción

Se algo chama a atención deste típico prato das Rías Baixas, ademais do feito de ser exquisito, é a facilidade coa que se prepara: non nos ocupará máis de media hora. Non podemos esquecer, como sempre, que a calidade da materia prima -neste caso tan emblemática que é símbolo do Camiño de Santiago- é condición indispensable para conseguir un óptimo resultado.

Elaboración

No caso de que as vieiras pescadeRías non veñan xa limpas, lavámolas ben, e deixamos a carne e o coral dentro da cuncha.

Por outro lado, quitámoslle a pel ás cebolas e picámolas moi finas, xunto co perexil. A continuación refogamos todo nunha tixola co aceite e o xamón cortado en anaquiños moi pequenos. Cando a mestura adquira unha cor dourada agregámoslle o pemento. Deixamos que se faga durante un minuto e por riba engadímoslle o viño. Cando este quede reducido á metade, retiramos a tixola do lume.

A continuación, sazonamos as vieiras pescadeRías ao gusto -hai que ter en conta que na receita estamos a empregar xamón, que xa proporciona un toque salgado- e cubrímolas coa mestura de cebola e o xamón. Por último, botamos o pan rallado e gratinamos no forno a 180 ºC durante 15 minutos.