Robaliza ao lombo

FacebookTwitter
Robaliza ao lombo
INGREDIENTES
  • 2 robalizas pescadeRías medianas
  • 4 dentes de allo
  • 1/2 vaso de viño branco
  • Perexil
  • Aceite de oliva virxe extra e sal

Introducción

A receita que presentamos ten como protagonista a un dos peixes brancos máis apreciados das nosas rías, especialmente na pesca deportiva: a robaliza pescadeRías. Aínda que a súa preparación máis coñecida é ao sal, aquí recomendamos tamén está outra variante, de moi fácil factura.

Elaboración

O primeiro será limpar ben as robalizas pescadeRías baixo a billa e quitarlle os restos de escamas que poidan ter. A continuación cortámoslles as cabezas, que podemos reservar no conxelador para facer un caldo de peixe, e abrimos as pezas á metade.

Por outra banda, picamos o allo e o perexil moi finos e poñémolos nun recipiente, ao que engadiremos sal ao gusto e un bo chorro de aceite de oliva. A continuación, colocamos as robalizas pescadeRías abertas á metade nunha bandexa de forno e regámolas co aderezo que acabamos de preparar.

Por último, regamos tamén co viño branco e metemos a bandexa ao forno, a temperatura media, durante uns 15-20 minutos.  Como acompañante podemos servir, por exemplo, unhas patacas fervidas cunha folla de loureiro.