You are here

Bloody Mary de berberechos pescadeRías Imprimir

Bloody Mary de berberechos pescadeRías
Ingredientes
  • 1 lata de berberechos pescadeRías grandes ao natural
  • auga dos berberechos pescadeRías
  • 10 cl de zume de tomate
  • 4 cl de zume natural de pomelo
  • 3 cl de zume natural de limón
  • 2 follas de xelatina
  • un chisco de pementa branca
  • un chisco de pementa de caiena seca
  • un chisco de Wasabi en po
  • un chisco de sal Maldon
  • 4 cl vodka
  • 2 cl de Martini rosso
  • 1 cl salsa Lea Perris
  • 3 gotas tabasco
  • Engadir os zumes e destilados, mesturar e condimentar coas especias elixidas. Mesturar todos os ingredientes e remover nun vaso alto, arrefriar e mesturar con xeo. Remover ben ata que colla a textura desexada. Con 2 cl de vodka facemos xelatina, engadíndolle 2 follas deshidratadas e diluídas en auga. Deixamos callar no frigorífico. Cos outros 2 cl de vodka facemos escuma nun sifón. Mesturamos nun vaso alto con xeo todos os ingredientes, agás o vodka.

    Final e presentación
    Nunha copa poñemos os zumes, enriba a xelatina de vodka cortada en cadradiños, a escuma de vodka e decoramos cos berberechos pescadeRías.

    Share on Social Networks