Raja rays nei

Raja rays nei

Corpo en forma de disco ou de rombo, con ás angulosas. O fociño das raias é alongado e a súa pel moi áspera. A zona dorsal das raias ten moitos aguillóns (no macho só no rabo). É de cor escura, co dorso gris prateado con manchas e o ventre branco. Posúen unha poderosa dentadura, que empregan para esmigallar as pezas que lles serven de alimento. En canto á súa reprodución, as femias poñen os ovos nunhas cápsulas no fondo da area, que son arrastradas ata as nosas praias.

Viven en zonas lamacentas ou areosas de grava e rocha entre os 2 e os 60 metros de profundidade, aínda que poden chegar aos 500 metros. Captúranse ao arrastre de fondo ou tamén con outras artes de enmalle.

A súa preparación é toda unha arte para a que hai diferentes estilos. En canto á súa preparación, nas Rías Baixas ofrécennos a receita máis clásica, a caldeirada ao pé do porto, cunhas patacas e unha allada con pementos (resulta moi recomendable probala así en Portonovo), pero tamén pode guisarse cos mesmos pementos ou tomates como acompañamento. En Cedeira hai que descubrirse diante da empanada que, máis ca describila, hai que probala, a ser posible acabada de saír do forno. non esquezamos que "en xaneiro a raia sabe a carneiro".

Details of species

  • FAO code: SKA
  • Scientific name: Raja spp
  • Galician name: Raia
  • Spanish name: Raya
  • Biological group: Peces
40 cm / 0,5 kg (ás)

Minimum size: 40 cm / 0,5 kg (ás)

Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal ou en función do peso unitario cando se presenten enteiras ou soamente as ás