Japanese carpet shell

Japanese carpet shell

A característica que máis destaca da ameixa xaponesa é que ten as costelas moi marcadas. As liñas que sucan a súa cuncha forman cadriños ao cruzárense, cadriños que son moito máis marcados ca os da ameixa fina. Cando está aberta é cando se pode ver como ten os sifóns unidos ata a metade, o que a diferenza da ameixa fina. En canto á súa cor é, normalmente, escura, movéndose os tons entre o tostado e o gris case negro.

Esta ameixa ten un crecemento moi rápido, o que motiva que o seu prezo sexa máis baixo, chegando progresivamente en maior cantidade ao mercado. Por iso, tamén son cada vez máis os lugares en Galicia nos que se cultiva esta especie. Unha parte moi importante das importacións desta ameixa procede de Italia, polo que nalgúns lugares se vende como "italiana".

Esta ameixa, de agradable sabor, ofrece unha relación prezo/calidade moi apreciada polo consumidor. Admite as mesmas formas de preparación ca as vistas para as outras ameixas: á mariñeira, con outros peixes, con arroz, pasta, fabas... en sopas ou guisos, en caldeirada...

Details of species

  • FAO code: CLJ
  • Scientific name: Ruditapes philippinarum
  • Galician name: Ameixa xaponesa
  • Spanish name: Almeja japonesa
  • Biological group: Bivalvos
35 mm

Minimum size: 35 mm

Measurement Method: O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior