Banded carpet shell

Banded carpet shell

O seu nome provén da súa tonalidade encarnada, que lle dá un aspecto diferente ao das outras ameixas. Posúe unha cuncha cuberta por liñas algo máis brillantes, que van paralelas ao bordo exterior dun ton máis pálido ca a súa propia cor. Semella estar pulida.

A maior parte das capturas proveñen das Rías Baixas, onde se obteñen, baixo control, coa arte denominada "raño". Antano collíase co can, arte que agora non está autorizada.

Polo seu intenso sabor, esta ameixa adáptase para a súa utilización en guisos con outros peixes, ou soa, con salsas como á mariñeira, en guiso con espaguetes ou fabas... É un tipo de ameixa moi usado en conservas. Ollo! hai que darlle o punto: non por cocela máis estará menos dura, senón todo o contrario.

Details of species

  • FAO code: VNR
  • Scientific name: Venerupis rhomboides
  • Galician name: Ameixa rubia
  • Spanish name: Almeja rubia
  • Biological group: Bivalvos
40 mm

Minimum size: 40 mm

Measurement Method: O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior