Gilthead seabream

Gilthead seabream

O seu corpo é alto e comprimido, de cor gris prateada, ben proporcionado pero máis escaso no lombo. Ten unha mancha dourada entre os ollos, que desaparece cando morre, e unhas manchas negras por detrás da cabeza. Os beizos son grosos e carnosos. Pode chegar aos 70 centímetros. Non se debe confundir coa castañeta encarnada, tal e como fan en moitas peixerías.

Vive en augas pouco profundas (menos de 30 metros) en fondos de area ou pedra. É un peixe de augas cálidas que escasea nas nosas costas. Cando se pesca faise ao trasmallo e, ocasionalmente, con palangre ou ao arrastre. Os pescadores deportivos usan a cana. No mercado o frecuente é atopala fresca, procedente de cultivos da zona mediterránea.

É especialidade dalgúns restaurantes a fórmula "ao sal": cuberta de sal e envolta en papel de prata para metela no forno. A súa cabeza serve para facer uns caldos de gran utilidade para arroces ou ben para sopas de primeirísimo nivel. Tamén se pode facer á grella ou fritida.

Details of species

  • FAO code: SBG
  • Scientific name: Sparus aurata
  • Galician name: Dourada
  • Spanish name: Dorada
  • Biological group: Peces
19 cm

Minimum size: 19 cm

Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal