XVII Xornadas de Exaltación da Vieira

XVII Xornadas de Exaltación da Vieira

O 14 e 15 de xullo celebraranse en Cambados as XVII Xornadas de Exaltación da Vieira organizadas por Porto de Cambados, S.L., coa colaboración da Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados, o Concello de Cambados e a Consellería do Mar, entre outras entidades.

Os showcooking realizaranse o sábado ás 13:00 horas con María Varela e ás 20:30 horas con Manuel Garea e FranSotelino. O domingo, Diego López realizará un showcooking ás 13:00 horas e un obradoiro de cociña con nenos ás 18:00 horas.

Tamén haberá visitas guiadas con Guimatur, actuacións musicais e contarase coa exposición de fotografía MAR DE AROUSA, do Galp Ría De Arousa.

Inscricións no teléfono 679.196.972 ou en info@portodecambados.com.

Aínda que a asistencia é gratuita, a entidade organizadora cobrará 3 euros por persoa que serán doados a Esperanza Salnés e Galicia AME.

Descarga o cartel aquí.