You are here

Remata a veda do polbo e a nécora

Published on Friday, 29 June 2018 09:20
Remata a veda do polbo e a nécora

A partires da vindeira semana poderemos atopar de novo polbo galego fresco no mercado. Dende as 5:00 horas do luns 2 de xullo, este cefalópodo poderá ser capturado outra vez en augas de toda a costa de Galicia, tras o remate da veda establecida, que comezou o pasado 18 de maio.

Por outra banda, tamén as nécoras regresarán ás nosas mesas a partires do 1 de xullo, tras estar en veda dende o 5 de xaneiro.

Share on Social Networks