O polbo: un produto de marca
17/08/2017
Con motivo da XVIII Festa do Polbo de Bueu, estivemos na Praza de Abastos desta localidade cunha visita guiadas aos diferentes postos. Posteriormente, na propia praza, tivo lugar un showcooking a cargo do restaurante O Rincón de Cela, no que os participantes puideron degustar polbo en diferentes preparacións: á prancha con patacas, wok de polbo con vexetais e un carpaccio de polbo con ovas de ourizo.