You are here

I Festa da empanada mariñeira de Portonovo con produto pescadeRías

Published on Thursday, 11 October 2018 12:57
I Festa da empanada mariñeira de Portonovo con produto pescadeRías

A pasada fin de semana tivo lugar a I Festa da empanada mariñeira de Portonovo con produto pescadeRías, ¿de onde se non?, organizada pola Confraría de Pescadores e o Club de Piragüismo.

Entre outras actividades, houbo showcookings para persoas adultas e nenos e nenas, maridaxes e concursos de empanadas populares e interconfrarías.

Nela rendiuse unha homenaxe a Joselito, Patrón Maior en funcións, en recoñecemento ao seu traballo, na que participaron familiares, amigos e representantes do sector.

Podes ver un vídeo resumo premendo aquí.

Share on Social Networks