You are here

Despedímonos das nécoras

Published on Monday, 08 January 2018 14:18
Despedímonos das nécoras

A véspera de reis foi o derradeiro día no que se puideron realizar capturas de nécoras. Non regresarán ao mercado ata o vindeiro 1 de xullo, a partires desta data poderán ser extraídas ata finalizar o ano. Tamén pechouse a captura de santiaguiños, neste caso ata o 1 de outubro. Por outra banda, a partires do 1 de xaneiro pódese capturar lagosta ata o 30 de setembro.

Máis información sobre períodos autorizados para o ano 2018 premendo aquí.

Share on Social Networks